21.9.10

LEVAREITE.



Levareite nas grandes fuxidas
no enlace das nosas pernas,
nos bos e nos malos días
nos escritos de tódalas portas
nas pedras das mesas frías.


Levareite no agasallo de berros tolos
na ficticia calma dos ríos
no meu ben pintado no corpo
nas noites de tantos días
no tempo que sempre era pouco.


Levareite na paixón que aprendimos
nas camas que desfixemos,
nos beizos doces que mordimos
no amor que sempre quixemos
no soño que tanto vivimos.


Levareite nas distancias de soles
nos rincóns ocultos da alma
na pronta cura das feridas
nos recovechos do meu abrigo
nos feitos que marcan a vida.



A M.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

fermoso....fermosa.

Chusa dijo...

Moitas gracias Anónimo. Alégrome de q te guste.

Anónimo dijo...

bienvenidaaaaaaaaa!!!!!!!! me ha encantado.Mery.

Chusa dijo...

Gracias Meeeeryyyy....besazos!!

CriS dijo...

Ohhhh que bonito y tierno y a la vez qué fuerza... me gustó... gracias!

bicos

Chusa dijo...

Gracias a ti Cris, gente como tú sois los que poneis bonita al resto y nos dais ganas de seguir escribiendo.
un besazo!

rulo dijo...

Voar coa imaxinación e coas palabras, que a inspiración volva pronto!!!

Anónimo dijo...

Fica pendurada dunha estrela esperando maxia.